A cuarta edición de Sportur visibilizará Galicia como destino seguro para o turismo activo



Vender Galicia como un destino privilexiado, atractivo e seguro para o turismo activo e contribuír á desestacionalización do turismo na nosa comunidade, achegando visitantes de proximidadea Galicia a través do deporte. Estes son osobxectivos da cuarta edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense os días 19 e 20 de novembro e que tamén servirá para visibilizar o traballo realizado durante todo o ano por parte das federacións e clubes deportivos da comunidade. Sportur Galicia será ademaiso lugar elixido para a entrega de dorsais do II Trail Nocturna Ourense que se celebra precisamente este sábado 20 de novembro.

Esta cuarta edición de Sportur Galicia foi presentada en Expourense nun acto no que participou o xefe de Deportes da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Políticas Deportivas da Deputación Provincial de Ourense, Bernardino González; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Sportur Galicia 2021convoca a unha trintena de expositores entre os que se atopan federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza.Esta cita contará con tres eixos: á área expositiva; a área formativa que inclúe as xornadas técnicas profesionais e a área deportiva. Esta última inclúe campionatos e exhibicións nas que se usará tamén a pista de atletismo cuberta instalada no recinto, unha das mellores de Europa e unha das 30 existentes no Mundo, ena que se compatibiliza unha vez máis o uso deportivo co uso feiral dentro dun dos eventos organizados por Expourense.

Trá