Valdeorras remata a vendima con case 7,1 millóns de quilos de uva recollidos


A campaña da vendima 2021 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos. Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a maís abundante con 4.333.760 quilos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.714.006 quilos), a garnacha tintorera (473.393 quilos) e a variedade palomino fino (449.766 quilos).

Xa en menores cantidades e en sentido decrecente temos a variedade sousón (50.477 quilos); a tempranillo (37.461 quilos); a albarello (17.448 quilos); a merenzao (11.354 quilos); caíño tinto (3.365 quilos); mouratón (2.240 quilos); gran negro (1.345 quilos) e dona branca (764 quilos).

Tras case dous meses de traballo nas viñas, a vendima finaliza cunha suba de máis do 30% no número de quilos recolleitos en relación a 2020. Xunto “ao considerable aumento en cantidade” tamén cómpre sinalar, tal e como lembra o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, que as uvas posúen “unha calidade óptima” e que permitirán a elaboración de viños “que seguirán recollendo premios en distintas partes do mundo”.