Turismo da Coruña participou na feira Green Cities 2021


O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, representado polo seu director xerente, Moisés Jorge Naranjo, participou na feira Green Cities 2021 que se celebra en Málaga. A alcaldesa, Inés Rey, entendeu este evento como unha oportunidade para expoñer o potencial “turístico intelixente” da cidade e para abordar proxectos de cidade, iniciativas e retos da administración pública desde o punto de vista da sustentabilidade e dos obxectivos da axenda urbana.

Este evento é un punto de encontro entre destinos turísticos internacionais e empresas de innovación tecnolóxica que converxen na oferta de intelixencia turística ao servizo do turismo.

Turismo da Coruña mantivo unha axenda de traballo con empresas con empresas con proxectos específicos de desenvolvemento turístico tales como Vodafone España, Tech Friendly España e UnBlock España.

Ademais, asistiuse ás exposicións de 'Transición Verde, dixital e descarbonización de Destinos Turísticos e de Destinos Turísticos Intelixentes' así como a de 'Retos e novas oportunidades'.