Tunas veteranas danse cita en Compostela nos III Encontros Troyanos


O Museo Casa da Troia ten en marcha o proxecto “Roteiros de Compostela: do Pórtico da Gloria á Casa de la Troya”, unha iniciativa apoiada polo Xacobeo 2021-2022. No marco deste proxecto, esta fin de semana -8 e 9 de outubro- vanse celebrar os “III Encontros Troyanos en Compostela”, que van reunir na capital galega a tunas veteranas vencelladas a universidades dos Camiños.

Nestes encontros van participar catro agrupacións de corda pulsada: Troyanos de Compostela (agrupación musical da Asociación Cultural – Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya), a Tuna de Veteranos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, a Real Asociación de Antigos Tunos da Universidade de Salamanca e a Tuna Veterana da Universidade Portucalense.