Remataron as Eco Experiencias do Craega con Slow Food Compostela


Rematan as xornadas Vive e coñece a produción ecolóxica de Galicia, no marco da iniciativa de Eco Experiencias do Craega con Slow Food Compostela. Foi a cuarta e última viaxe para gozar dunha ruta quecon produtores e elaboradores ecolóxicos da provincia de Ourense. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os produtores que traballan baixo o selo de Certificación Ecolóxica.

Nesta ocasión, a visita estivo pechada a o grupo de influencers formado por Alvientooo, Guisándome la vida, Rogelio Santos Queiruga, Viajes Chavetas, Eat & Love, Boavista.Co, La Ecocosmopolita, Gastrorgásmico e Mister More Food. Tamén a deportista galega de renome Teri Portela, que repetiu experiencia e que ve acompañada do seu home David Mascato, tamén un dos nosos grandes deportistas galegos con toda unha traxectoria ás súas espaldas.

Comezo a ruta en Verín, para coñecer a Juan de Terra de Baronceli, unha produción ecolóxica situada no lugar de Vilaza. Trátase dun complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de conservas situado no Val de Monterrei. Cómpranlles froitos seleccionados a pequenos agricultores para a elaboración das súas conservas nas que se escolle e lava á man froito a froito.

Parada tamén no concello de Riós, en Verín Biocoop, cooperativa que naceu no 1988 da man de once gandeiros e que hoxe opera con 28 explotacións da provincia de Ourense na que o presidente da cooperativa, José Luís Vaz que amosou a súa granxa .

Un xantar no Regueiro da Cova, en Verín, onde a gran emprendedora, Begoña Vázquez preparou un menú baseado en produtos ecolóxicos.

Pola tarde, paramos en Labregos Daiquí, un grupo de agricultores amantes da natureza que coidan da terra para producir alimentos sabororos, sans e libres de pesticidas. Viven e traballan no concello de Rairiz de Veiga, nunha pequena aldea de montaña do sur de Ourense, chamada Carballal. Logo chegamos ata o Fogar de Santiso de Allariz, onde saboreamos unha deliciosa cea neste antiguo museo, convertido en restaurante, e pernoctamos no Oca Vila de Allariz.

Na segunda xornada coñeceron un dos pequenos produtores de leite ecolóxico que temos en Galicia, Ecoleia. Marcos Quintas amosou a súa pequena explotación situada no lugar de Torneiros (Allariz). En Ribadavia, degustación dos viños do Cume do Avia, unha adega asentada no Ribeiro e creada por cinco socios. Parada para xantar na Casa do Taberneiro, recentemente distinguida como Restaurante km 0, onde Susana e Pepe cociñaron un menú ecolóxico moi tradicional.