Palmarés 2021 de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine

Os diferentes xurados da presente edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, tendo enconta quen a Sección Oficial compiten películas de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha programación  heterodoxa que abarca diferentes formatos e duracións, tendo como guía a contemporaneidade, o risco e a exploración formal,  tralas deliberacións oportunas decidiron outorgar os seguintes premios:

Premio Radar: Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Herrera. Púxose en valor a forma que o director ten de canalizar a realidade. A curta é como unha canción, popular e vangardista. A tenrura, a relación entre director e personaxes, o amor, a verdade, a maxia son palpables. O filme mostra ser un proceso vivo, unha experiencia xenerosa que amosa vulnerabilidade en estado puro.

 Mención especial Radar: The Unseen River, de Pham Ngoc Lan. Por ser unha curta na que o director xera un espazo único, cristalizado, capaz de acoller o sufrimento e a eterna búsqueda da paradoxa do amor. 

Premio Explora: Surviving You, Always, de Morgan Quaintance. Buceando nos movementos da memoria para sobrevivir a unha ausencia, este filme non teme aproximarse aos vestixios da emoción. Evitando a nostalxia ou o romanticismo, confía na potencia evocadora do cinema para expandir e desafiar o noso poder de comprensión. Por diluír as súas palabras e as súas imaxes nun fermosos abismo.

Mención especial Explora:  The Canyon, de Zachary Epcar. Pola súa capacidade de retratar a nosa época coa necesaria extrañeza, polo seu uso radical dos movementos de cámara e a montaxe, pola súa capacidade de enfrentarnos ao abismo do consumo, e ensinarnos o futuro como un sumideiro do que aínda podemos escapar.

Premio Galiza: Augas Abisais, de Xacio Baño. Por lograr técnicas cinemáticas orixinais para falar do pasado mentres se excava o presente, por atopar un camino metafórico cara a narración que pode destapar e rexistrar a búsqueda dese propio camiño, e por iluminar unha experiencia persoal que lanza luz sobre o colectivo. 

Mención especial do Premio Galiza: A Comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño. Cederlle a unha nena o poder de dirixir unha película e converterse na protagonista da mesma dá lugar a un relato único. Desde a inocencia e con códigos universais xurden unha voz e unha visión nova que rematar redefinindo o rito da comuñón.

 Premio Penínsulas, patrocinado por RC Service: Future Foods, de Gerard Ortín. As imaxes, froito dunha observación pausada e fermosa composición, transcorren en paralelo á voz dun científico, que describe de forma pragmática o estado actual da súa investigación. A brillante montaxe, en combinación cun deseño de son discreto pero eficaz, xera unha tensión sutil ao revelar paso a paso o que está a ocorrer ante os nosos ollos, deixando, ao mesmo tempo, espazo suficiente para procesar a información. Sen caer en moralismos nin demonizacións, o filme debuxa un futuro posible e nos invita á reflexión.

Mención especial Premio Penínsulas: La peli del algoritmo, de Claudia Negro García. Ademais, Santos Bacana e Enar de Dios decidiron dar a mención especial a un filme intraducible por compaxinar de forma orixinal a linguaxe que imaxina o que ocorre, pero tamén por ser capaz de capturar con medios sinxelos un momento no tempo, en pantallas e distancias impostas.

Premio del Público, patrocinado por GADIS: A Comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño.  

Premio Jurado Joven: The Parents' Room, de Diego Marcon. Pola valentía na aproximación non convencional a unha realidade tan violenta e o contraste entre a crueza da historia e a delicadeza e acidez no seu tratamento.

 Mención especial Jurado Joven: Forever, de Mitch McGlocklin. Pola dupla innovación, tanto no enfoque intimista dunha distopía contemporánea como na escolla dunha técnica adecuada e sempre ao servizo da historia.

 Premio CREA a la mejor dirección gallega: Homeless Home, de Alberto Vázquez. Polo uso dun trasfondo social duro, porque non todos os retornos a casa son unha apoteose como na Odisea. Alberto Vázquez foi quen de construír un mundo dunha natureza gráfica e sonora única.

Premio AGAG ex aequo al mejor guion gallego: Homeless Home, de Alberto Vázquez, e Augas Abisais, de Xacio Baño. Son dúas propostas moi distintas polo que non puidemos decantarnos por unha soa. Homeless Home destaca polo seu deseño de personaxes a partires dun universo escuro no que a esperanza ten cabida. Augas Abisais é un paralelismo entre mergullarse no fondo do océano e na propia historia, partindo dunhas lembranzas e correspondencia de tempos moi pasados pero aínda presentes.

Premio #OutraCompostela, patrocinado por Turismo de Santiago y Santiago de Compostela Film Commission: Fillxs do abafo, de Marina Calvache Barbosa, Arón Arias Dono, Pablo Fariña Aldao, Beatriz Amoza Dávila e Antón Carral López.

Por saber retratar unha xuventude en constante crise e por explorar novos camiños e ser capaces de buscar a estetización dos espazos grises urbanos, o premio #OutraCompostela é para Fillxs do abafo, de Marina Calvache Barbosa, Arón Arias Dono, Pablo Fariña Aldao, Beatriz Amoza Dávila e Antón Carral López.