Os GDR galegos avanzan no Leader 2023-2027



A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, presidiu a segunda reunión da Mesa de Coordinación dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia. Este órgano de traballo avanzou na definición e aplicación da medida Leader para o vindeiro período de programación 2023-2027 e no debate sobre a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local.No peche desta xornada participaron a presidenta do GDR Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a rexedora municipal de Mos, Nidia Arévalo.

Outro asunto tratado nesta reunión foi a preparación das actividades previstas con motivo do Día en contra da violencia de xénero, que se conmemora o vindeiro 25 de novembro e que se celebrarán baixo o lema “Camiñando contra a violencia de xénero”. Ademais, tamén se impartiu aos representantes dos GDR formación sobre as oportunidades de financiamento para os concellos rurais no marco do NextGeneration.