O Parque Compostela Rupestre ten plan director


O plan director do Parque Compostela Rupestre recolle 144 petróglifos e define 67 contornas de protección, segundo se recolle no Plan Director do mesmo, un documento presentado polo vicepresidente e responsable da área de Turismo da Depytación d Coruña, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luis Penas.

A catalogación dos petróglifos realizada polo equipo pola empresa redactora deste Plan Director contén unha información exhaustiva sobre a xeografía, a arqueoloxía, a conservación dos gravados e a situación legal e administrativa das parcelas nas que se atopan os restos arqueolóxicos. Tamén recolle as medidas e tratamentos que permiten minimizar o risco de alteración dos petróglifos e dos sitios rupestres, así como a valoración económica de cada estación e os tratamentos de conservación que serán necesarios adoptar en cada caso.

Doutra banda, propón a creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro) empregando a antiga escola unitaria do lugar de Villestro, escollido pola súa situación central e ben comunicada entre os cinco concellos de compoñen o parque. Ademais deste edificio, a contorna inmediata conta cun petróglifo accesible para as visitas e proponse a recreación dun poboado da Idade do Bronce.

Tamén recolle a creación de 3 áreas arqueolóxicas de Villestro-Ventosa (Ames e Santiago), Monte Piquiño (Teo) e O Castriño de Conxo (Santiago); así como o deseño de 5 rutas circulares, baixo a marca 'Sendeiros Rupestres'.