O Museo do Pobo Galego acolle a exposición do premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña


O vindeiro xoves, 14 de outubro ás 19h nun acto aberto ao público, será inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición das series gañadora e finalistas do XV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña.

No acto de apertura estarán presentes o gañador desta edición, o leonés José Manuel López Pérez, que será o encargado de guiar a visita pola súa colección "Atrapados ás portas de Europa", na que retrata o drama das persoas que foxen dos países de orixe debido ás guerras, a fame e a pobreza. Tamén estarán presentes algúns dos finalistas, como o ourensán Baris Lorenzo que presentará a súa colección sobre o impacto da pandemia. Na inauguración tamén intervirán o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, e o comisario do premio, Xurxo Lobato.