O destino Rías Baixas, obxecto de desexo en Madrid e Barcelona


Pontevedra Provincia vén de consolidar a súa forza como destino turístico de primeiro orde a nivel nacional nos dous workshops celebrados pola Deputación esta semana en Valencia e Madrid, nos que se propiciaron máis de 3.000 citas entre unha trintena de empresas de Rías Baixas e un total de 160 firmas de ambas provincias, que incluíron operadores internacionais. 

Para a presidenta Carmela Silva, a excepcional acollida de ambos workshops amosa o bo camiño cara a reactivación total do sector no ano 2022 que, como dixo, "vai ser un ano histórico para o turismo; temos todo preparado para que o recibimento ás e aos turistas sexa unha festa".

O interese polo turismo sostible e especialmente o paisaxístico, o cultural e o deportivo, as escapadas e o impulso do enoturismo foron algúns dos temas que estiveron en maior medida enriba da mesa nestas dúas intensas xornadas de traballo.