Lara Méndez: `O San Froilán concentra patrimonio, a gastronomía e a cultura nunhas mesmas datas´



"O San Froilán é unha gran oportunidade para poñer á nosa cidade no centro de atención, como foi o meu caso de cativa, ou dos visitantes e turistas nacionais e internacionais. E este ano, ademais, é especial porque será o primeiro que quede na lembranza de moitos pequenos que nunca antes o viviran porque tiñan 2 ou 3 anos cando comezou a pandemia", sinala a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Nunha entrevista publicada polo diario El Progreso a alcaldesa lembra que "O meu primeiro recordo do San Froilán está cargado de emoción. Era unha nena de provincia que viña por vez primeira á capital para gozar das festas patronais, e para min as atraccións eran inmensas e o feiral xigantesco, xa que as súas proporcións non eran as que eu estaba afeita ver. E botando a vista atrás podo afirmar que era o mellor escaparate nunca visto, o patrimonio, a gastronomía e a cultura de Lugo concentrados xuntos nunhas mesmas datas"