A Deputación de Lugo colabora coa APHEL na celebración dun curso sobre enoturismo


O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo(APEHL), Cheché Real, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para a celebración dun curso de especialización en enoturismo. A acción formativa contará cunha achega da institución provincial de 40.000€. Pola súa banda, a asociación inviste 2.110€.

Este curso está destinado a profesionais e emprendedores que desexen reforzar as competencias no enoturismo a través dunha formación técnica, práctica e específica. Así mesmo, ten como obxectivo apoiar e manter a actividade no sector, en concreto, desenvolver actividades de promoción turística e gastronómica de Lugo.