Xina Domínguez é unha das participantes no VII Encontro Xacobeo Peregrinas


A enxeñeira agrícola trivesa Xiana Domínguez, adegueira e viticultora (adega Chao do Couso), é unha das participantes no VII Encontro Xacobeo Peregrinas que terá lugar hoxe pola tarde (xoves día 23) no Eurostars Pazo de Sober ás 18:00h.

Trátase dun ciclo de encontros gravados en distintos escenarios da xeografía galega promovido pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo xunto coa Consellería de Emprego e Igualdade, e incluído dentro da programación Xacobeo 21-22.