Oito eran oito os gañadores dos premios ao desenvolvemento rural


Sabogal (Aloxamento Abeiro da Lobra)), na categoría de Mocidade; A Carqueixa, en Paisaxe rural; Asociación Ámbar, en Proxectos de interese social; Asociación Mariñas Betanzos, en Turismo; Federación Razas Autóctonas (Boaga), en Sector agrogandeiro; Cosmética Muuhlloa, en Mulleres; Innogando, en Innovación tecnolóxica e Mª Dolores Vázquez Carballés, en Recuperación e posta en valor da terra agraria son os gañadores da XII edición dos premios ao Desenvolvemento Rural que promove a Xunta.

A entrega de galardóns tivo lugar na tardiña do venres 24 de setembro en Sarria. Neste acto, presidido polo conselleiro de Medio Rural, José González, recoñeceuse o labor de oito asociacións, empresas ou particulares que teñen sobresaído como as mellores iniciativas a prol do desenvolvemento rural na nosa comunidade.