Mobile Week Ourense vai tomando forma


 A Deputación de Ourense e a asociación Red Mundo Atlántico asinan un convenio para impulsar o deseño de contidos da Mobile Week Ourense, cita de referencia mundial no sector tecnolóxico que na súa primeira edición na provincia desenvolverase do 19 ao 23 de novembro .

Baltar, destacou a importancia deste acordo de colaboración, que reforza "a vinculación do noso territorio coa innovación e outórgalle unha visibilidade de primeira orde no ámbito da vangarda tecnolóxica internacional nas edicións dos próximos tres anos".

O presidente provincial subliñou a importancia deste acto, en tanto supón un paso máis cara a organización en Ourense da Mobile Week logo da sinatura o pasado 29 de xuño, no marco do Mobile World Congress 2021 e co CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, do convenio de colaboración que permitirá celebrar este evento en Ourense nos anos 2021, 2022 e 2023. "Unha extraordinaria oportunidade -dixo- para achegar a tecnoloxía aos cidadáns a través dun evento que, desde a súa primeira edición en 2017, xa é un espazo de referencia, debate, reflexión e participación en torno á transformación dixital".