La Vuelta permitiu promocionar a Galicia como destino turístico seguro


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Padrón ao corte de cinta da saída da 21 e última etapa de La Vuelta, que cualificou como o escaparate perfecto para promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago en todo o mundo debido ao seu impacto mediático.

A competición percorreu  desde o venres Galicia nas súas tres últimas etapas ata concluír na tarde de onte na praza do Obradoiro, onde se celebrarou a entrega de premios coa chegada a meta dos ciclistas. A contrarreloxo individual desta última etapa pasou polos concellos de Padrón, Rois, Amesantes de chegar a Santiago de Compostela, meta tamén de todos os Camiños para os peregrinos.  

Galicia foi escenario estes días da competición raíña do ciclismo en España, o que supuxo unha oportunidade para dar a coñecer neste Xacobeo 21-22 a comunidade en todo o seu esplendor e o Camiño de Santiago, o principal reclamo turístico a nivel internacional, durante as tres últimas etapas da competición que atravesaron Lugo e a Ribeira Sacra o venres e onte as Rías Baixas, así coma  varios tramos de distintas rutas xacobeas. 

O evento converteuse no escaparate para promocionar a comunidade como destino seguro, que foi precisamente o que contribuíu a acadar bos resultados en xullo cun 80% máis de viaxeiros que en 2020 e un 20% por riba da media nacional respecto a 2019. Tamén constitúe unha oportunidade para invitar a camiñar a Galicia neste Ano Santo Dobre, como xa fixeron no que vai de ano máis de 100.000 peregrinos e coa previsión de rematar o ano con máis de 140.000.