Establecidas as bases reguladoras das novas axudas dos GALP


O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a Orde de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos GALP para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

O prazo para presentar as solicitudes pechará o vindeiro 17 de setembro. Soamente se poderán aprobar proxectos naqueles GALPs que aínda teñan orzamento sen comprometer en algún dos seus obxectivos estratéxicos.  As persoas interesadas, que deberán poñer en marcha a súa iniciativa nos concellos de Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo ou Meaño, poden contactar co grupo para solicitar máis información sobre esta convocatoria chamando aos teléfonos 886 213 015 / 698 180 887 ou enviando un correo electrónico a gacpontevedra@gmail.com.

Na primeira convocatoria de axudas deste 2021, o grupo recibiu 54 solicitudes, converténdose na convocatoria con máis peticións rexistradas por este GALP, un bo resultado froito traballo de asesoramento da entidade.