Coñecer a produción ecolóxica nun roteiro Slow Food por Pontevedra

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, CRAEGA, propón unha visita a varias das súas explotacións para amosar, de primeira man, que teñen de singulares e cal é a diferenza que marca a súa calidade final. Baixo o lema “Vive e coñece a produción ecolóxica de Galicia” arganizan unha visita pechada a un grupo reducido de Influencers profesionais formado por Alvientooo, Petiscos Galegos, Blondie Muser, Rogelio Santos Queiruga, Amar Viajar e Petiscar, Gastroactivity y Vanesa Bustos, asesora culinaria, darán visibilidade a esta iniciativa organizada por Slow Food Compostela..

Tamén participa unha deportista galega de renome como é Belén Toimil, recentemente chegada dos Xogos Olímpicos de Tokio. Porque unha alimentación saudable ten que ir ligada a uns hábitos de vida tamén saudables e quen mellor para contalo que os nosos deportistas.

Unha batea de mexillóns ecolóxicos en plena Ría de Arousa, unha conserveira que conta con pesca sostible, mexillón certificado da DOP Mexillón de Galicia pero sobre todo, con verduras, aceites e escabeches ecolóxicos, que aportan coherencia e calidade ao produto final que chega ao consumidor.  Degustar na Quinta de San Amaro dun menú ecolóxico, da man de Eduardo Alemán, cociñeiro deste hotel-restaurante situado entre viñedos de Albariño do val do Salnés e a poucos km da costa de Pontevedra. Foi erixida fai once anos por Nacho Crespo e Julio Ouviña para darlle ao viaxeiro a oportunidade de vivir a experiencia dunha Galicia rural.

Tamén coñecerán unha explotación gandeira  modelo con boas praxes dentro da cría animal. Reses en extensivo, alimentadas exclusivamente con pastos, en gran medida grazas a traballar cunha raza autóctona galega, a  Frieiresa, que está adaptada ao hábitat e permite a súa cría en liberdade todo o ano. Tamén visitarán a explotación que apostou polo arando ecolóxico, así como a maior produtora de  kiwi de España e unha das máis importantes de Europa.o kiwi Atlántico, empresa que conta actualmente con máis de 70 socios e 20 produtores colaboradores.

Na cea, un menú composto na súa totalidade por produtos Km 0 en Argentinos Casual Food e o aloxamento en Torres de Moreda, situada nunha contorna natural, situada a 4 km do centro urbano da Estrada. A leira ten unha extensión de 25.000 m2, a súa maioría dedicada a plantación de maceiras para produción de sidra ecolóxica que deleitan ao visitante en calquera época do ano

Unha vez asimiladas todos as experiencias do día previo, arrincamos a mañá sen saír de Torres de Moreda. Na contorna da casa rural, visitaremos a plantación de maceiras autóctonas de Callobre con cuxo produto se elabora a espirituosa “sidra ecolóxica Rabiosa”. Non hai que esquecer que falar de sidra na Estrada non é falar soamente dunha bebida, senón que tamén é falar de cultura e dunha actividade cunha marcada tradición na zona ao longo dos séculos.

O segundo día, en Silleda cita nunha horta con gran diversidade ecolóxica que permite unha produción autóctona ao longo do ano. Ademais, transforman algúns deses produtos frescos para darlles máis permanencia no tempo a modo de aperitivos  deshidratados, conservas e especias. O remate será no Restaurante A Moa (en Compostela) onde o prato estrela nesta ocasión será a "costela de tenreira galega ecolóxica".