Cafés Candelas planea una importante remodelación con fondos Next Generation


Cafés Candelas é unha das empresas galegas que lidera, a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation. Dita iniciativa permitiríalle á compañía luguesa do pológono do Ceao construír unha nova planta no veciño polígono das Gándaras, coa cal podería ampliar a súa capacidade produtiva e adaptar as súas instalacións ás novas tecnoloxías, a través dun investimento previsto de 10M€.

A empresa foi visitada polo vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que amosou o seu apoio a esta candidatura.

A posta en marcha deste proxecto suporía a creación de 40 novos postos de traballo
-pasando dos 80 empregados actuais no Ceao aos 120-; o aumento nun 25% das toneladas de café producidas; a adaptación do sistema de produción e de distribución ás novas tecnoloxías da Industria 4.0 para maximizar a súa competitividade; e consolidar a súa actividade innovadora a través dun laboratorio de aromas e un centro de I+D+i.

Ao mesmo tempo, incrementará a sustentabilidade e a eficiencia de Cafés Candelas no tratamento de residuos –a previsión é lograr unha autosuficiencia enerxética do 70% e a eliminación de 20.000 quilos anuais de residuos–; así como crear un Centro de Excelencia do Café que contribuirá á dinamización turística da provincia.