As Meninas de Canido conquistan Ferrol


O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presentou eunha nova edición das Meninas de Canido, que se celebrará nneste barrio ata o vindeiro domingo. A edición deste ano de Meninas de Canido contempla proxeccións de documentais, unha conferencia, fotografía, showcooking, pasarrúas, un mercado creativo e actuacións musicais de variados estilos: ópera, Mala Rodríguez, Sons Volans, Alice Woder, entre outras. O pregón correrá a cargo de Paco Clavel.

O alcalde explicou que o festival 2021 “da un paso máis na súa proxección cultural” coa irmandade coa Casa Velázquez de Sevilla, que será efectiva desde este mesmo sábado coa visita do seu director cultural. “É unha mostra máis”, dixo, “da consagración deste evento no circuíto nacional de arte urbano”.


Mato trasladou que “a conquista das Meninas avanza este ano ata as inmediacións do Sánchez Aguilera” co artista Sfhir e a súa proposta de gran formato. O festival conta con arredor de 40 artistas “que veñen a participar nun movemento de rexeneración urbana e arte na rúa iniciado en Canido hai máis de dez anos e que logrou unha indubidable promoción da cidade de Ferrol fora das nosas fronteiras”, dixo.


De feito, a ruta das Meninas, que con esta edición vai alcanzar as preto de 500 obras na rúa, xa forma parte da lista de Itinerarios Impresionistas de Europa, tal e como lembrou o alcalde. Outra das novidades deste ano con selo local é o estreo do documental ‘Bienvenido Mr. Banksy’, de Cuerda Floja Produccións.