Desde o Goberno local sinalan importancia da celebración do Día da Romanidade para facer unha homenaxe á nosa herdanza romana e poñer de manifesto os vínculos e as raíces comúns das que nacen todos os pobos da contorna mediterránea, que non son outras que as do pa
sado común romano.
Ás 12.00 h., Gallaecia Viva impartirá na Torre de Hércules un obradoiro explicativo e participativo de varios xogos romanos de taboleiro e outros xogos para nenas e nenos, que terá unha duración máxima de hora e media. Por mor do control da capacidade do evento, hai que sacar entrada gratuíta na seguinte páxina web: https://bit.ly/3BpjkwU.
Unha vez rematado o obradoiro, farase lectura do Manifesto da Romanidade coa Torre de Hércules ao fondo e emitirase en directo a través da canle de Facebook da asociación Gallaecia Viva. O evento encadrarase dentro do convenio de colaboración que manteñen o colectivo Gallaecia Viva coa Concellaría de Cultura da Coruña.