A Xunta traballa nunha estratexia de dinamización do sector cárnico


A Xunta vén de iniciar o proceso participativo para elaborar a Estratexia de dinamización do sector da carne de Galicia de xeito consensuado con todos os axentes implicados. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a xuntanza con gandeiros e representantes das industrias, das cadeas de distribución ou das asociacións e organizacións profesionais agrarias para a posta en marcha de dita Estratexia, que se confeccionará coa colaboración da Fundación Juana de Vega, como xa aconteceu coa do lácteo e a do viño.

O conselleiro puxo en valor a calidade que define o sector cárnico da nosa comunidade e apuntou á necesidade de consolidalo garantindo a remuda xeracional á fronte das explotacións rendibles, así como mellorando o nivel de transformación da industria cárnica e a xeración de valor engadido en todos os elos da cadea. Nun contexto de potenciación de selos de calidade como a IXP TerneraGallega, José González considerou clave -ademais- avanzarcara a unha produción sustentable,que aposte polo benestar animal epor sistemas respectuosos como aprodución en extensivo.

A produción cárnica ten un Importante impacto económico no rural galego, representando pretodo 33 % do Valor da Produción Final Agraria. Destacan cifras como as do vacún de carne, que sitúan a nosa comunidade como a terceira rexión produtora do Estado, con máis dun14% da produción total nacional. Canto á comercialización, a IXP Ternera Galega posúe unha cota do 55% dentro das indicacións xeográficas protexidas de carne a nivel estatal. Os sectores avícola e cunícola galegos tamén se sitúan entre os principais produtores de España, mentres o resto de orientacións cárnicas ofrecen aínda potencial de crecemento.