XXXVII edición da Mostra de Olería de Buño, memoria viva coa tradición


Xa está oficialmente en marcha a XXXVII edición da Mostra de Olería de Buño, que este ano se celebra os días 12, 13, 14 e 15 de agosto. Esta mañá tivo lugar o acto de inauguración do evento, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e que este ano se dedica á figura da muller dentro do oficio oleiro.

O alcalde, Walter Pardo, destacou "a memoria viva coa tradición oleira que mantén Buño 37 anos despois da primeira edición da Mostra". "O Concello segue e seguirá traballando man a man coa Olería de Buño para avivar a chama desta celebración de todas e todos os malpicáns", afirmou.

Ás 18:00 horas, a Asociación Visibles inaugurou a exposición 'Sen elas non hai olería'. A partir das 19:00 horas, Malantepuxo de novo banda sonora ás últimas horas do día cunha actuación polas rúas de Buño. O mago Álex Louzao pechoueste primeiro día da Mostra cun espectáculo para todos os públicos ás 20:00 horas.

Todos os eventos están condicionados á normativa sanitaria vixente, que é de cumprimento obrigatorio. A organización do evento, na que se inclúe o Concello de Malpica, a Asociación Olería de Buño e a Deputación da Coruña, traballa conxuntamente co obxectivo de reducir ao máximo as posibilidades de contaxio por covid-19.