Voltan na Peregrina os paseos en embarcacións tradicionais polo Lérez


Debido ao enorme éxito dos paseos polo río Lérez en embarcacións tradicionales, feitas durante a Festa das Cunchas, a Concellería de Turismo de Pontevedra ven de anunciar a repetición destas excursións coincidiendo coas festas da Peregrina no Concello. 

Yoya Blanco, concelleira socialista de Turismo, sinala unha vez mais, “ a importancia de pór en valor a cultura mariñeira da Boa Vila, a importancia do Barrio da Moureira, e a importancia dos nosos ríos, e que mellor que facelo nas datas das nosas festas, neste ano que segue a ser complicado”. 

As persoas que se inscriban de maneira gratuita a través da web de Visit- Pontevedra, terán as seguintes datas para elexir: os días 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 de agosto. As rutas serán de 40 minutos, ida (20’’) e volta (20’’) en dirección Lourido.

Cun máximo de 8 tripulantes ( incluido o patrón e un mariñeiro 6+2 ) , por seguridade ofertaremos 6 plazas en cada embarcación