Torre de Núñez pechou o exercicio de 2020 cun crecemento en ventas do 11,6%



A empresa de elaborados cárnicos luguesa Torre de Núñez continúa crecendo e aumentando a súa presenza no mercado internacional. Tras o peche do exercicio anterior, rexistrou un crecemento do 11,6% co que sitúa a súa facturación en 30 M€. Este crecemento sustentouse en dous dos alicerces estratéxicos da compañía. Por unha banda, na boa evolución da marca na canle alimentación e, doutra banda, na súa expansión a novos mercados.

A principios de 2020, antes do estalido da crise sanitaria, a empresa marcouse como obxectivo incrementar a súa presenza internacional en novos mercados. “Conseguímolo a pesar das circunstancias nunha contorna de gran complexidade marcado pola pandemia”, sinala José Manuel Núñez, CEO de Torre de Núñez. “A intención da empresa é seguir conquistando novos mercados internacionais, tal e como sucedeu este ano con México e Venezuela”, asegura.

Hoxe, o 10% da produción de Torre de Núñez expórtase ao mercado internacional. Os seus produtos están presentes en 27 países de todo o planeta. De Xapón a Panamá, de República Dominicana a Noruega; Alemaña, Cuba, Moldavia, Italia, Filipinas, Guatemala, Perú e agora tamén México e Venezuela.