Sábados de maxia en setembro no Fórum Metropolitano da Coruña



Cada sábado de setembro ás 19.00 h, no Fórum Metropolitano realizarase Forumáxico, un ciclo de catro espectáculos de maxia dirixidos ao público familiar (a partir de 4 anos), nos que nenos e nenas e maiores poderán gozar de comedia, drama, teatro... pero sempre coa maxia como protagonista. 

 proposta que combina distintos tipos de maxia, cartas, escapismo, malabares etc., e moito humor dando como resultado espectáculos ideais para todos os públicos, para desfrutar en familia ou coas amizades. O ciclo Forumáxico está vencellado á Rede Galega de Teatros e Auditorios, de apoio ás artes escénicas do AGADIC.

O vindeiro luns, 23 de agosto, poñeranse á venda as entradas para este espectáculo de maxia, que arrinca o sábado 4 de setembro, en www.corunacultura.sacatuentrada.es, no teléfono 662 867 109 (de 9.00 a 00.00 h) e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Ademais, o Fórum Metropolitano acollerá no mes de setembro os ciclos de cine "Risas en francés" e  "Estreas en versión orixinal", nos que se proxectarán as pezas: Capharnaüm, de Nadine Labaki (desde o 02/09 até o 04/09); Retour chez ma mère, de Eric Lavaine (desde o 02/09 até o 04/09); Hope Gap, de William Nicholson (dese o 09/09 até o 11/09); La bonne épouse, de Martin Provost (desde o 09/09 até o 11/09); Les invasiones barbares, de Denys Arcand (desde o 16/09 até o 18/09) e Letters to Paul Morrisey, de Armand Rovira (desde o 16/09 até o 18/09). Este último autor presentará a película o día 16 xunto co produtor do filme Jorge Vidal. A entrada, cun prezo de 3 euros, pódese mercar en www.corunacultura.sacatuentada.es.