Pontevedra acolle a comitiva de Placemaking Europe


Pontevedra continúa o seu camiño para ser sede da Placemaking Week Europe 2022, o evento de carácter internacional que orbita arredor da creación e alimentación de redes participativas para a creación dun deseño urbano sostíbel de cara ao futuro e o presente. 

Tal e como se sinalou no mes de xullo, a entidade organizadora (Placemaking Europe) visitará a cidade representada por una comitiva oficial coa idea de coñecer as virtudes da cidade de primeira man. Así, ao longo deste mércores comezarán a percorrer á cidade os directores da rede de deseño, Charlot Schans e Ramón Marrades. 

O obxectivo da visita non é outro que demostrar que Pontevedra ten sobrada capacidade para ser sede da Placemaking Week Europe 2022, amais de ser un exemplo internacional en deseño urbano, tal e como foron demostrando os premios e recoñecementos que a vila acadou na última década. 

O Concello deseñou unha axenda na que Schans e Marrades achegaranse á vida pontevedresa, pasearán polas rúas e coñecerán algúns dos seus máis emblemáticos edificios e puntos de interese. Doutra banda, tamén coñecerán espazos máis afastados do centro urbano, como o Núcleo de Centralidade de Salcedo ou o Parque Forestal da Fracha.