O Pazo provincial de Ourense converterase nungran hotel balneario


"O Pazo Provincial converterase nun gran hotel balneario de referencia en toda Europa e no punto de partida dunha nova etapa de dinamización económica, pero tamén para o posicionamento de Ourense no ámbito termal internacional", segundo afirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. "Baixo esta edificación existe auga mineromedicinal e caudal suficiente para poñer en marcha a instalación termal que proxectamos", dixo tras dar a coñecer o informe que así o certifica logo da captación realizada durante os últimos meses.

"Tecnicamente hoxe damos o paso definitivo para que no próximo mandato e como máximo no 2027 o Pazo Provincial sexa o gran hotel balneario de Ourense, cunha categoría mínima de cinco estrelas e xestionado por unha empresa líder no sector e solvencia nacional e internacional", dixo Manuel Baltar, que tamén anunciou a presentación en próximas datas do anteproxecto das instalacións "que inclúen neste mesmo patio unha gran piscina termal romana absolutamente innovadora".

Os resultados das capatacións realizadas  "indican a existencia dun acuífero termal cun caudal de 3 litros por segundo, a unha temperatura de 41,6 graos e a 172 metros de profundidade, cun contido en sales minerais e PH propio das augas termais de Ourense". O informe mesmo engade que o gradiente térmico quintuplica os valores propios desta área termal, obtendo ata 14 graos de temperatura máis por cada cen metros que se profunden.

Os seguintes pasos técnicos e administrativos que se seguirán, como son a caracterización dos parámetros hidroxeolóxicos do acuífero, a definición das características físico-químicas da auga, a posta en marcha dun expediente para a declaración de augas mineromedicinais diante da administración autonómica, que é a que ten as competencias, e a realización de bombeos mensuais durante un ano para comprobar todos os parámetros.