O choco en veda nas Rías Baixas a finais de outubro


A veda para o choco (Sepia officinalis) comezou o día 5 de xullo na Ría de Pontevedra, o día 19 de xullo na Ría de Vigo e o día 1 de agosto na Ría de Arousa.

Hasta finais de outubro, queda prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie nas tres rías, por dentro das liñas de referencia do anexo III do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

En Redondela este produto é único, procedente da enseada de San Simón é o protagonista dunha festa durante a primeira quincena do mes de maio, que é cando o choco cobra protagonismo, e os pescadores da zona captúrano utilizando artes tradicionais, como as nasas. 

Esta festa comezou a celebrarse nos anos 80 e durante a celebración da festa, os hostaleiros máis importantes do municipio elaboran os seus pratos de choco máis tradicionais e outros máis creativos e innovadores, para que poidan ser degustados por todos os asistentes.