Anel verde de 180 km de sendeiros continuos arredor do río Miño



O AECT Rio Minho quere potenciar o río como destino de natureza e para iso vai lanzar unha nova iniciativa: identificar os sendeiros que existen arredor da conca fluvial e unilos para crear un ‘Anel Verde' con 180 quilómetros de rutas continuas accesibles a pé e en bicicleta. A información sobre o ‘Anel Verde', coas características de todos os treitos, será subida a Wikiloc e dinfundirase para dalo a coñecer entre o público que busca destinos relacionados co ecoturismo, a aventura e o patrimonio.

A creación do ‘Anel Verde do Río Miño' foi anunciado polo deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, quen explicou que nestes momentos estase a facer traballo de campo coa intención de presentar o proxecto aos concellos da zona o vindeiro mes de outubro.