Música á beira do mar na Mariña co festival Bal y Gay


O festival Bal y Gay comezou este mércores no Pazo do Conde de Fontao, no concello de Foz na súa octava edición que leva por título Música á beira do mar, e que pasará ata o 26 de agosto polos concellos de Foz, Ribadeo, Burela, Cervo e Mondoñedo.

A Deputación de Lugo colabora con esta cita musical, pois responde ao modelo de turismo de calidade e sostible, vinculado ó patrimonio, á cultura e á gastronomía, que favorece experiencias persoais únicas. Un evento musical que xa é un referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugar destacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura.