Los Secretos actuarán en Vigo o 27 de agosto


Los Secretos actuarán en Castrelos (Vigo), o próximo venres 27 de agosto ás 22 horas. A banda madrileña de pop-rock formada nos anos oitenta tocará no interior do parque, pero non no anfiteatro, senón no escenario próximo ao mesmo.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, o Concello prevé delimitar un perímetro con espazo para uns mil espectadores, un formato flexible e adaptable ás circunstancias que eventualmente poida marcar a evolución da pandemia.

O rexedor tamén confirmou a presenza na cidade de Amaral, o dúo aragonés formado por Eva Amaral e Juan Aguirre, que visitará Vigo o próximo 25 de setembro nun espazo por definir.