Jormadas Gastronómicas en honra da Feira do Bonito de Burela

Burela, unha das localidades de referencia na Mariña Lucense, na Cornixa Cantábrica, rende culto habitualmente ao bonito nunha degustación popular que se celebra a primeira fin de semana de agosto. Este ano a situación sanitaria desaconsella aglomeracións, pero si haberá as Jormadas Gastronómicas en honra da  Feira  do Bonito de Burela  (declarada de interese turístico nacional en 2019) os días 6, 7 e 8 de agosto. 

A programación de Amarche Bonito 2021 completa a celebración: serán actividades diversas, culturais, musicais -anoten Luar na Lubre- co túnido como protagonista para resaltar as súas propiedades  organolépticas.

Ata o Sábado 7 de Agosto podes participar no Concurso de Selfies. Cómo? Faite unha foto individual ou en grupo cos murais de Amarte de fondo e súbea ao perfil de facebook do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. A imaxe con máis me gusta recibirá un premio de 100 euros doados polo Grupo Dissolquim en caso de haber máis de 10 participantes.

Do Xoves 5 ao Domingo 8 de Agosto ao tempo que os artistas finalistas do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte plasman os seus bocetos no noso peirao fárase unha homenaxe á Feira do Bonito coa celebración de xornadas gastronómicas e a elaboración de saborosas tapas, racións e menús degustación do túnido nos bares e restaurantes da vila.

O Venres 6 de Agosto gozaremos do talento do Mago Antón na Praza do Concello cun máximo de 30 persoas por función ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00 e 22:00 horas.

Ás 23:00 horas terá lugar na Praza do Concello un concerto da banda coruñesa Luar na Lubre con entrada gratuíta.

O Sábado 7 de Agosto de 11:00 a 14:00 horas na explanada do porto o artista lucense Diego Anido, campión das batallas da Liga Nacional de Graffiti, impartirá un obradoiro infantil gratuíto desta arte urbán. Para participar haberá que inscribirse previamente chamando ao 982581141.

Ás 23:00 horas na Praza do Concello o grupo local Tribu Folk ofrecerá un concerto con entrada de balde.

O Domingo 8 de Agosto ás 12:45 horas na Praza do Concello o actor, presentador e humorista ourensán Sergio Pazos entregará os premios do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e do Concurso de Selfies.

Como broche final ás 13:15 horas disfrutaremos dun concerto da banda viguesa Eladio y los Seres Queridos tamén con entrada libre.

Bonito de Burela, iconoa do Bonito de Norte

Burela creceu en torno ao porto, un dos máis importantes de Galicia e do Cantábrico, ao que chegan a descargar barcos de Asturias, Cantabria, País Vasco e outros puntos de Galicia pola boa xestión e óptima comercialización na súa lonxa. É o porto  bonitero máis importante da costa galega, sen dúbida, e da Cornixa Cantábrica.

O bonito é unha das principais especies que se descargan nestas instalacións portuarias durante a súa costeira, que agora dura menos tempo que anos atrás. E é que o Bonito de Burela converteuse nunha icona do Bonito de Norte, o  Thunnus  alalunga, que así se chama a  especie e que está en plena tempada. Fresco ou en conserva resulta un produto imprescindible para os amantes dos peixes azuis.

Na extensa superficie que ocupa a zona portuaria de Burela (que dá conta da importancia da mesma en canto a actividade pesqueira e comercial) atopamos diversos almacéns, a fábrica de xeo, a lonxa, nave de redes, gasolineira, estaleiros, cetaria, pantalán de atracada para embarcacións náutico-deportivas, etc. Ademais, na chaira portuaria atópase a Oficina de Turismo e unha ampla zona de aparcamento.