Curso sobre comercialización de produtos de viticultura ecolóxica


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal),ten previsto organizar un curso sobre comercialización de produtos de viticultura ecolóxica. A acción formativa desenvolveríase os vindeirosdías 26 e 27 de agostona Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, localizada na parroquia de Leiro (Ribadumia, Pontevedra) en horario de mañá e tarde.

O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galegoe persoas con expectativas de incorporación ao sector.