Chuvia de estrelas nunha noite máxica dende o Pazo de Toubes ou Vigo Zoo


Viña Costeira propón un ano máis gozar da Noite das Perseidas degustando un viño en boa compañía e nun entorno exclusivo ao aire libre, no máxico Pazo de Toubes. Será o 12 de agosto ás 20.00h dende unha terraza rodeada de viñedos e dunha adega restaurada do século XVIII.

Por outra banda, Vigo Zoo tamén se suma á choiva de estrelas cunha actividade programada polo concello co obxectivo de entender mellor a astronomía. A actividade serás ás 22 horas e haberá unha explicación do que pódese ver no ceo e tamén haberá actividades para os máis pequenos.

O alcalde Abel Caballero sinalou que a previsión meteorolóxica “é boa, seguramente con ceos despexados” e augurou “unha noite escura” o cal apuntou “é magnífico para observar as estrelas desde A Madroa”.