Violeta Mosquera, pregoeira das festas da Peregrina 2021en Pontevedra


As festas da Peregrina do ano 2021 teñen xa a súa pregoeira. Violeta Mosquera, coñecida artista e profesora que vive Pontevedra, será a encargada de dar o pregón de inicio das festas no mediodía do vindeiro día 7 de agosto.

Violeta Mosquera (2 de Xaneiro, 1988), natural de Lugo, mais veciña de Pontevedra desde hai máis dunha década, simboliza e representa a toda unha xeración de mozos e mozas con base na constancia, a creatividade e o talento, segundo o Concello. 

Licencia en Comunicación Audiovisual, doutora en Psicoloxía evolutiva e Comunicación, é un referente na cidade pola súa carreira musical, con especial énfase no seu grupo de rock duro actual, BALA, que lle brindou un recollecemento internacional. 

Doutra banda, esta viaxe musical é complementada co seu papel como profesora na escola de artes Bonobo de Pontevedra, sementeira de novo talento popntevedrés e exemplo dunha aprendizaxe moderna, inclusiva e participativa “Temos a sorte de que ella escollera Pontevedra para vivir e facer a súa carreira laboral, e, claro, de aceptar ser a pregoeira das nosas festas”, sinalou o alcalde. 

“Eu fun a primeira abraiada coa elección”, comentou Violeta na súa intervención. “Vou sempre con Pontevedra no boca. É unha cidade chea de xente de proxectos marabillosos. Non cabe na miña cabeza a posibilidade de non aceptar esta homenaxe. Pontevedra é o lugar onde puiden exercer a miña paixón pola música, pois é un lugar que conta cun goberno que aposta pola cultura segura, pola arte e pola posibilidade de vivir dela