Verán na Coruña


Todas as fins de semana de xullo, Turismo da Coruña ofrecerá de balde visitas a bordo da goleta Juan de Lángara para gozar de experiencias náuticas pola Ría da Coruña. Serán con tres temáticas distintas: Os venres para observar os solpores na Torre de Hércules, os sábados para falar da tradición pesqueira da cidade e os domingos para contar Historias do Camiño Inglés. 

Ademais, en outubro ofrecerá outras novas visitas o 9, 10, 16 e 17 con experiencias gastronómicas a cargo de chefs coruñeses e produtos de proximidade da Reserva de Biosfera. As reservas poden facerse a través da web acorunaexperience.com

Ademais, as fins de semana de xullo e agosto presentarase tamén un programa piloto de visitas ao farol da Torre de Hércules. Unha zona de difícil acceso e que nunca antes se puidera visitar. Este presentarémolo nos vindeiros días dando todos os detalles.

No mes de agosto, volverán as tradicionais Festas de María Pita e Festival Noroeste, aínda que o formato e o cartel aínda está por determinar. Seguro que gozaremos dun mes intenso na cidade.