Un senda peonil conectará Quenxe co faro de Cee en Corcubión


A Deputación da Coruña adxudicou por 928.777,31 euros ás obras da construción dunha senda peonil e ampliación e mellora da estrada DP-2801 de Corcubión a San Roque por Redonda, que permitirá unir a zona urbana de Quenxe co faro de Cee, un percorrido de arredor de 6 quilómetros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Corcubión, Manuel Insua, presentaron no faro de Cee o proxecto, que permitirá configurar un gran itinerario peonil no municipio e que supón un dos maiores investimentos da área de Vías e Obras do ente provincial durante este ano e o maior realizado en Corcubión ata o momento.