“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia”, nova ilustración do valo de Pereira

“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. A poeta e filla de mariño mercante, Yolanda Castaño, é a autora desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases da escritora relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. “Faremos coma o calamar: sacaremos moitos brazos e, en tempos escuros, haberemos brillar” e “Escritoras e calamares: susténtanse na pluma e empregan a tinta con talento” foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora.

“Esta fermosísima frase vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Estábamos desexando presentar o novo deseño nun ano no que esperamos recuperar a tan ansiada normalidade. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende case unha década, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Yolanda Castaño que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo como é o caso de Ledicia Costas e Domingo Villar”, apunta Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

Dez anos de poesía

“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” toma o relevo a “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” (2020) do libro “O último barco” do escritor vigués Domingo Villar e “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” (2019) da obra “A praia dos afogados” tamén do escritor vigués.

“Neste mar navegan os barcos da nosa vida” da escritora viguesa Ledicia Costas foi a mensaxe seleccionada en 2018. “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” da obra de Julio Verne “20.000 leguas de viaje submarino” ilustrou a valle en 2017. “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015) foron outras das frases que os viandantes en condutores que pasaban por Beiramar puideron desfrutar e que foron propostas e votadas polos seguidores nas redes sociais.

Desde 2012, ano no que naceu a iniciativa e ata 2014, estas foron as frases que seleccionou a empresa por orde cronolóxico: “No importa el frío, no se nos congelará el corazón”, “Un mar de sabores” y “Este mar nos ha llevado al mundo”.

O acto de presentación do valo tivo lugar este luns a bordo do barco da Armadora Pereira “Argos Pereira” dende o que se podía ler a frase e o deseño do valo deste ano mentres Yolanda Castaño lía aos asistentes uno dos seus últimos poemas. O acto contou tamén cos gañadores do concurso activado nas redes sociais para seleccionar a frase do valo así como responsable da empresa.