O Consorcio de Turismo relanza Agasalla Coruña


A web de venda de experiencias turísticas da Coruña, agasallacoruna.com, volve desde este mércores a estar aberta ao público e con novos paquetes para que toda persoa que desexe poida adquirir agasallos que ofrecer e gozar nos vindeiros meses.

Esta web de experiencias, pioneira na nosa cidade, foi posta en marcha o pasado Nadal polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña acadando un grande éxito de vendas e ofrecendo bonos de 80 establecementos distintos no seu inicio, tanto a nivel individual como de maneira cruzada.

Nesta ocasión, pasados uns meses, volverá a estar dispoñible e ofrecer ao público a opción de compra anticipada de experiencias con vocación de establecerse coma un referente na venda de paquetes turísticos na cidade, non só dirixido ao público local, senón tamén nacional e internacional. As opcións de bonos turísticos serán de Estancias, Gastronómicos, ou Lecer (Museo MEGA-Estrella Galicia ou visitas guiadas).

Ademais, os paquetes turísticos ofertados a través de Agasalla Coruña poderanse adquirir directamente na web ou presencialmente nas oficinas das seguintes axencias de viaxe da Coruña: Viaxes Embajador, Viajes Orzán, Viajes Alecrín, Viajes Bivestour e Viajes Paco. A Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) colabora activamente na participación das axencias, tanto da súa propia asociación coma do resto da cidadde