Nove meles galegos triunfan no London Honey Awards


Na última edición dos London Honey Awards, nove meles galegos acadaron outras tantas distincións, seis deles acollidos seis meles á I.X.P. Mel de Galicia. Na edición 2021, o máximo galardón establecido co premio de platino recaía en Meles JS, seguido de O Poder das Flores, Ouro Puro, O Trobo-Mel do Valadouro e Conde Santo cunha distinción de ouro cada un; mentres que Mel do Colmear O Salgueiral se facía coa prata.

Fóra da IXP tamén foron recoñecidos tres meles: unha prata para o multifloral Berce, colleitado en Vedra (A Coruña) e Forcarei (Pontevedra) por José e Rubén González (Vedra); e dous ouros para Das Nosas Abellas, en concreto para un multifloral colleitado na zona de Ferrol e un monofloral de castiñeiro procedente da comarca de Quiroga.

Na última edición das Catas dos Meles, as marcas O Poder das Flores e o mel de breixo de Ouro Puro alzábanse coas distincións de ouro nas categorías de mel multifloral e mel monofloral respectivamente, mentres que O Trobo Mel do Valadouro obtiña daquela o bronce na categoría multifloral, e Meles JS a prata na monofloral.

O London Honey Awards é un dos certames máis importantes dentro do sector apícola. Anualmente, a través dunha cata a cegas levada a cabo por un selecto xurado experto en análise organoléptico dos meles, recoñécense os produtos de maior calidade a nivel mundial coas distincións de platino, ouro, prata e bronce.