Certificacións e seguementos de marca de PescadeRías


Durante o mes de xuño, a Confraría de Pescadores de “Pedra da Oliveira” (bivalvos) recertificouse no selo pescadeRías, ampliando o seu alcance de certificación á comercialización de cefalópodos. 

Tamén se recertificaron no selo a Confraría de Pescadores de Moaña (bivalvos), a Lonxa de Campelo AIE (bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes) e a Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa (bivalvos, crustáceos e algas). 

Por outra banda, as empresas distribuidoras e transformadoras Frigorífica Botana, S.L. (peixes) e Mares de Galicia S.A. (bivalvos, crustáceos, equinodermos e gasterópodos), superaron auditorías de seguemento da marca.

Ademáis, coa apertura e adhesión á marca dun novo local no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, en Lugo, xa son tres os establecementos que Da Lonxa ao Prato ten adheridos ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nas súas peixerías de Lugo, Monforte de Lemos e A Pobra do Caramiñal, a empresa distribuidora de peixe e mariscos Da Lonxa ao Prato, cuxa depuradora de moluscos bivalvos está certificada pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, pon a disposición da súa clientela, peixes e mariscos da pesca artesanal, procedentes de lonxas galegas.

Accións formativas

No mes de xuño, impartiuse formación en Hixiene e Manipulación de alimentos ao persoal da Lonxa de Vilanova de Arousa, da Lonxa de Porto do Son e da Lonxa de Portonovo.

Acreditar que o personal responsable da manipulación dos produtos da pesca estea formado é requisito indispensable para todas as entidades certificadas ou en proceso de certificación polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? e así se reflicte nos correspondentes plans de formación. 

A certificación dos produtos garante, ademais da súa procedencia da pesca artesanal, que contan con todas as garantías hixiénicas e sanitarias para o seu consumo de xeito seguro, así como que cumpren con todos os requisitos esixidos pola lexislación vixente.