A última produción do Centro Dramático Galego na Mostra Internacional de Teatro

Na 37ª edición Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadaviaparticipa o Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, representará súa última produción Terceiro acto e coa colaboración no obradoiro DraMITurGA.

Anxo M. Lorenzo, representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou a relevancia desta cita anual, que recupera a súa dimensión internacional despois de que as restricións derivadas da covid-19 limitasen a programación do pasado ano principalmente a espectáculos galegos. Anxo M. Lorenzo manifestou a “satisfacción da Xunta de seguir apostando de xeito claro por este festival, polo que significou ao longo de xa case catro décadas, polo que está a conseguir nun presente marcado pola incerteza, e pola súa indubidable proxección de futuro”, ao tempo que animou ao público a participar deste evento nun contexto no que hai que seguir estremando as medidas de seguridade.

Referiuse tamén á presenza “activa e protagonista” do CDG no programa da MIT, coa representación da súa última produción Terceiro acto. A peza, interpretada por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán, recolle as emocións e experiencias deste elenco, que o secretario xeral definiu como “parte viva da historia do teatro galego, ao igual que o é a Mostra de Ribadavia”. En cartel no Salón Teatro ata o domingo, chegará ao Auditorio do Castelo de Ribadavia o martes 20 ás 23,00 h., cun coloquio final co público.

Ademais, sinalou a colaboración da Xunta no obradoiro de apoio DraMITurga, que conta coa implicación do CDG xunto á asociación DramaturGA e ao Instituto Camões de Portugal. Por outra banda, o apoio da Xunta esténdese á estadía artística e actuación en Ribadavia de Adriana Reyes cun dos proxectos seleccionados para Residencias Paraíso, programa de danza e artes vivas promovido polo Colectivo RPM e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).