A economía sostible e o patrimonio como leitmotiv da Festa dos Oficios Artesáns

O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación da `XXXII Edición da Festa dos Oficios Artesáns´, que celebrarase en Mondaríz os días 31 de xullo e 1 de agosto. A deputada de turismo, Ana Laura Iglesias; o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros; a concelleira de Cultura, Anxos Carballo; a presidenta de “Castromao”, Belén Boente, e o produtor cultural de `Escéna Te´, Santiago Pérez, anunciaron esta cita patrimonial e presentaron o “tráiler” do documental “Cesteiros de Mondariz”, que pon en valor este oficio tradicional tan vinculado á vila.

Laura Iglesias animou a participar nesta nova edición que complementarase con unha gran variedade de actividades culturais a prol de non perder esta tradición e explicou que a Deputación colabora coa exposición “Tecendo a Natureza”, de Enrique Táboas. Subliñou tamén a importancia de apoiar a tradición e o patrimonio, “non como elementos do pasado, senón do futuro”. Finalmente, admitiu que séntese moi preto desta Festa pola súa vinculación familiar, dado que o seu avó era cesteiro.

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, incidiu no agradecemento á Deputación polo apoio ás actividades culturais dos concellos. Ao tempo, fixo unha chamada por manter e coidar a tradición da cestería no ámbito educativo, posto que “este é un oficio sostible dentro da economía circular” e lamentou que a formación nos oficios artesáns estean fóra da educación regrada e non estean recollidos nos módulos formativos da Formación Profesional. Isto, engadiu, supón un atranco nas posibilidades de desenvolver actividades ao redor destes oficios, o que acaba afectando á economía das familias e os pobos do rural.