Coa inclusión nesta iniciativa transformadora, A Coruña impulsa a súa política de competitividade do destino actuando sobre cinco eixos estratéxicos: gobernabilidade, innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade para converterse nun Destino Intelixente que mellorará a calidade de vida dos residentes e a experiencia no destino do visitante.
O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña decidiu presentar a súa solicitude para integrarse na Rede DTI despois de manter unha reunión en Fitur entre o presidente de Seggitur, Enrique Martínez Marín, o director de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Turística, Carlos Romero, o presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego e a xerenta de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud.