Orde de axudas para a contratación de persoal de reforzo para as oficinas de turismo


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas dirixida a municipios turísticos e xeodestinos para a contratación de persoal de reforzo para as oficinas de turismo para os meses de xullo, agosto e setembro. Dotada cun orzamento de 225.000 euros, a liña de axudas que permitirá axudar aos destinos de Galicia para contratar persoal nas súas oficinas de turismo durante as épocas de máis afluencia de visitantes a estes destinos.

Conscientes de que a afluencia turística dos meses de xullo, agosto e setembro nestes municipios fai necesaria a contratación de persoal nas súas oficinas de turismo, Turismo de Galicia pon de novo en marcha estas subvencións con carácter anual e concorrencia non competitiva. Os beneficiarios son os concellos declarados turísticos e todos os xeodestinos, que poderán facer unha soa solicitude por entidade. No caso de solicitar a subvención as entidades xestoras dos xeodestinos ou subxeodestinos, deberán indicar o concello no que se realizará o traballo.

O persoal contratado prestará os seus servizos entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, tendo que acreditar estar en posesión do título ou habilitación correspondente para exercer o devandito posto para garantir a súa profesionalidade, acreditando estar en posesión do títulos de información e comercialización turística ou técnico superior en guía; información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; grao ou diplomatura en turismo ou equivalente homologado ou habilitación de guía de turismo.

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través da Sede da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento TU900A)