“Non tires nada, o mar comeza aquí”

A deputada de Medio Rural, do Mar e da Mocidade, Mónica Freire, aproveitou a celebración este sábado do Día Mundial do Medio Ambiente, para poñer en valor a campaña de sensibilización ambiental “Non tires nada, o mar comeza aquí” na que a institución provincial colaborou co concello de Ribadeo.

A iniciativa supuxo a sinalización da rede de saneamento da vila cun praca co lema “Non tires nada, o ma comeza aquí”, que trata de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de implicarse nunha xestión correcta dos residuos. En total,  colocáronse 21 pracas en puntos estratéxicos sobre o pavimento das rúas.

A deputada provincial sinalou que “a iniciativa pretende consolidar na sociedade valores asociados ao coidado do medio, que afecta directamente ás condicións de vida das persoas no presente e no futuro. Con esta sinalización, mantemos unha chamada de atención permanente sobre unha cuestión que nos interpela a todas e todos”,e xpuxo.

Este ano o lema do día do Medio Ambiente é: Reimaxina, recrea, restaura.  No presente ano arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre a restauración de ecosistemas (2021-2030), coa misión global de revivir miles de millóns de hectáreas, dende bosques ata terras de cultivo, dende o cumio das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade”, afirmou a deputada nacionalista.

“A aparición de COVID-19 está a demostrar as desastrosas que poden ser as consecuencias da perda dos ecosistemas tanto mariños como terrestres. Ao reducir as áreas de hábitats naturais dos animais, creamos condicións ideais para que os patóxenos, incluídos os coronavirus, se estendan”, concluíu.