Lugo revive este fin de semana o seu pasado romano no Arde Lucus


Lugo está de festa posto que este fin de semana celebran a XX edición do Arde Lucus, unha festa histórica que revive o pasado romano de bimilenaria cidade amurallada que, debido as restricións sanitarias, terá un formato mixto con máis de medio centenar de actos e actividades on line e en vivo, na rúa.

Entre outras actividades volveranse a celebrar as vodas celtas e romanas, e Lugo voltará a recibir aos campamentos, aínda que máis reducidos, que estarán ubicados en diferentes zonas da cidade, contando en todos eles cunha persoa encargada de controlar o aforo. 

O Macellvm cambia de ubicación trasladándose ao parque Rosalía de Castro, e contará con 29 postos de artesanía e control de aforo na entrada.

A maxia do Arde Lvcvs, con ou sin restricións, permítenos retroceder no tempo para gozar dun legado cultural e histórico en primeira persoa nuha destacada urbe, Lugo, unha das capitais administrativas da Gallaecia romana. Imos todos a Lugo a gtozar dos nosos ancestros.