Lucía Freitas deseñará a proposta gastronómica do 17º Ribeira Sacra Festival

A gastronomía é, por suposto, outra das grandes protagonistas do festival 17º Ribeira Sacra Festival. Grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, o evento acollerá durante a súa quinta edición a fusión perfecta entre cociña, calidade e territorio, deseñada por Lucía Freitas, chef propietaria do restaurante gastronómico A Tafona cunha estrela Michelin e 2 Soles Repsol, e chef propietaria da barra gastronómica Lume en Santiago de Compostela, que fará gozar aos asistentes cunha proposta única creada especialmente para o festival.

A proposta, bautizada nesta ocasión como “Misto Lucía Freitas", será trasladar o formato máis versátil e viaxeiro a unha contorna nova e fresca como a Ribeira Sacra, cun público entregado á calidade das materias da nosa terra, fóra do corpiño das etiquetas e o protocolo.

“Misto Lucía Freitas" é moito máis que madeira e fósforo. Cun misto acendes a fogueira que quenta o corpo, a candea que alumea o camiño pola noite, a brasa que cociña os pratos que alimentan o espírito.

A chef Alhambra Lucía Freitas e o seu equipo apostan este ano por achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha dás  edicións.

O compromiso coa gastronomía do territorio foi unha constante en 17º Ribeira Sacra Festival: difundindo e dando visibilidade á cultura gastronómica de Galicia, esa que, baseada no mellor produto local, vaise reinventando aos poucos.

Coas súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… E en 2021, grazas a Cervezas Alhambra, esta quinta edición do festival contará ademais cunha importante oferta gastronómica con experiencias e maridaxes culinarios da man de chefs Alhambra de prestixio e con presenza en diferentes escenarios e localizacións. Para a cervexeira, dentro da gastronomía, un dos principais ingredientes é o tempo e a Ribeira Sacra constitúe o mellor das contornas para gozala.

Galardoado en 2020 co “Best Small Festival” do noso país nos Iberian Festival Awards, 17º Ribeira Sacra Festival é xa un dos eventos imprescindibles do verán no norte peninsular.