A Evega presenta un monográfico sobre a Mencía


A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) presentou o monográfico “A variedade Mencía” no marco do salón Vinis Terrae que acaba de celebrarse en Expourense. Trátase da uva tinta galega máis cultivada, entre as consideradas preferentes nas distintas denominacións de orixe galegas, e tamén no veciño Bierzo.

A mencía prodúcese principalmente nas áreas do suroeste de Galicia, e é este tipo de uva a que permite elaborar “uns viños excelsos e tamén moi complexos”, como salientou o director da Evega, Juan Manuel Casares Gándara.

Este traballo (realizado por Emilia Díaz Losada, Emilio Iván Vázquez Rodríguez e David Pascual), tras referirse ás súas orixes, aborda a descrición desta variedade e o seu rendemento, as técnicas de cultivo as pragas e enfermidades e afonda na elaboración dos viños con esta vareidade.